Aparello (náutica)
From Wikipedia, the free encyclopedia
En náutica, denomínase aparello ao conxunto de mastros ou paus, vergas, enxarcias e velas que lle permiten a unha embarcación poñerse en movemento aproveitando o movemento do aire que a impulsa (vento). A forza do vento transmítese directamente sobre as velas. Estas transmítena, aos paus e ás enxarcias, segundo como as estean dispostas. O conxunto transmite o pulo ao casco do barco.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Aparello.