Arquipélago da Maddalena
From Wikipedia, the free encyclopedia
O arquipélago de La Maddalena é un grupo de illas ao nordés de Sardeña, fóra da Costa Smeralda. As illas máis grandes son, La Maddalena, Caprera, Santo Stefano, Budelli, Santa Maria, Razzoli, Spargi, Capra, ademais doutros menores como as illotes Roma, o Pintassilgo e Cala Lunga: Hai 62, entre illas e illotes, cun total de 180 km de litoral.[1].
Arquipélago da Maddalena | |
---|---|
Datos | |
País | Italia |
Mar | Mar Mediterráneo |
Illa principal | |
Linguas | Italiano |
Poboación (2018) | 11.899 hab. |
Densidade | hab./km² |
Superficie | 51,34 km² (mariña 150´46 km²) |
Nº de illas | 62 (7 illas, o resto illotes) |
Coordenadas | |
Maior Altura | 212 msnm (monte Tejalone en Caprera) |
Capital | La Maddalena (11 902 hab. en 2005) |
Localización | |
O arquipélago é un destino popular para os mariñeiros por mor das belezas naturais e as prístinas augas esmeralda.
Caprera é coñecida por ter aloxado a Garibaldi durante o exilio e está conectado a un istmo artificial en La Maddalena. Santo Stefano albergou unha base para submarinos dos Estados Unidos.
O arquipélago enteiro e as súas praias, é dicir, as áreas mariñas e terrestres, están totalmente incluídas no Parque Nacional Arquipélago de La Maddalena desde 1994. Por esta razón, é necesario ter permisos emitidos polo seu órgano de xestión para o exercicio de actividades recreativas, pesca deportiva, mergullo e actividades económicas do mar.[2].