Articulación esferoidal
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha articulación esferoidal (case equivalente a enartrose) ou articulación en rótula, é un tipo de articulación sinovial, na cal unha superficie con forma de bóla dun óso arredondado encaixa nunha depresión con forma de copa doutro óso. O óso distal pode moverse na articulación nun número indefinido de eixes, que teñen un centro común, o que permite que o óso se mova en case todas as direccións.
Unha enartrose é un tipo especial de articulación esferoidal na cal a copa cobre a esfera alén do seu ecuador.[1]