As vodas de Fígaro
From Wikipedia, the free encyclopedia
As vodas de Fígaro é unha comedia de Pierre-Augustin de Beaumarchais escrita en 1778 en lingua francesa co título de La Folle Journée, ou Le Mariage de Figaro. A primeira representación, logo de varios anos de censura, foi o 27 de abril de 1784 no Théâtre de l'Odéon.
As vodas de Fígaro | |
---|---|
Capa da primeira edición | |
Título orixinal | La Folle Journée ou Mariage de Figaro |
Autor/a | Pierre-Augustin de Beaumarchais |
Orixe | Francia |
Lingua | Lingua francesa Galego |
Xénero(s) | Teatro |
Editorial | Edicións Xerais |
Data de pub. | 1778 (estreada no théâtre de l'Odéon o 27 de abril de 1884) 1994 (estreada no Teatro Principal de Santiago de Compostela o 8 de febreiro de 1994) |
Formato | Tapa branda |
Páxinas | 112 |
ISBN | ISBN 978-84-453-1417-3 |
Precedido por | Le Barbier de Séville |
Seguido por | La Mère coupable |
Tradución | Eduardo Alonso e Cándido Pazó |
[ editar datos en Wikidata ] |
Na obra aparecen os personaxes principais de Le Barbier de Séville ou la Précaution inutile (1775): o barbeiro, Fígaro, o Conde Almaviva e Rosina a Condesa. Bartolo, outro personaxe esencial de Le Barbier, xoga nesta obra un rol máis secundario. Unha terceira obra pechou a triloxía en 1792: L'Autre Tartuffe ou la Mère coupable. Dous anos despois da primeira representación a obra foi adaptada como ópera buffa por Mozart e Lorenzo da Ponte baixo o título de Le nozze di Figaro.
Obra destacada do teatro francés e internacional, está considerada como un dos símbolos que precederon a Revolución francesa pola súa denuncia dos privilexios arcaicos da nobreza. Un dos momentos fortes da peza é o monólogo de Fígaro (acto V, escena 3), o máis longo da historia do teatro francés, unha pasaxe que resume as queixas acumuladas contra a nobreza, encarnada polo conde Almaviva:
Porque vós sodes un gran Señor, vós credes ser un gran xenio!... Nobreza, fortuna, un rango, lugares: todo iso fai tan orgulloso! Que fixo para tantos bens? Vós tomáchedes a molestia de nacer, e nada máis...