Asemblea constituínte
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha asemblea, convención ou congreso constituínte é un organismo colexiado que ten como función reformar ou redactar unha constitución, dotado para iso de plenos poderes ou poder constituínte ao que deben someterse todas as institucións públicas. Adóitase definir, por algúns textos de ciencias políticas e sociais como a "reunión de persoas, representantes do pobo, que teñen ao seu cargo ditar a lei fundamental de organización dun Estado ou modificar a existente". Neste sentido, a asemblea constituínte é un mecanismo representativo e democrático para a reforma total ou parcial dunha constitución.