Asociación de Nacións do Sueste Asiático
organización de países do sueste de Asia / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Asociación de Nacións do Sueste Asiático (inglés: Association of Southeast Asian Nations ou ASEAN)[n. 1] é unha organización intergobernamental de estados do sueste asiático creada o 8 de agosto de 1967 por cinco países: Tailandia, Indonesia, Malaisia, Singapur e Filipinas, co propósito de fomentar a cooperación e asistencia entre os estados membros. Na actualidade está integrada por 10 países da rexión do sueste asiático; xa que os cinco primeiros posteriormente uníronselles Brunei (1984), Vietnam (1995), Laos (1997) Myanmar (1997) e Camboxa (1999). Papúa Nova Guinea ten status de observador.
- De acordo co diario dixital Expansión (Datos Macro), habítana uns 646 millóns de persoas e o seu PIB anual é de 2,45 billóns de euros,[4] aínda que outras fontes apuntan a un PIB de 5,7 billóns de dólares.[5]
Asociación de Nacións do Sueste Asiático | |
---|---|
Acrónimo | ASEAN, အာစီယံ, АСЕАН, アセアン, 东盟, 東協, 亚细安, 東盟, 東盟, 東盟, אסיאן, 아세안, ANASE, АСЕАН, ΕΧΝΑ, آسهآن, أسيان, ஆசியான், ఆసియాన్, آسیان, អាស៊ាន, ອາຊຽນ, ආසියාන්, ਆਸੀਆਨ, АСЕАН, АСЕАН e ANASO |
Tipo | organización intergobernamental, grupo geopolítico, organización rexional, Confederación e civilización antiga |
Área de operación | Sueste asiático |
Data de fundación | 8 de agosto de 1967 |
Fundador(es) | Indonesia, Malaisia, Filipinas, Singapur e Tailandia |
Nº de membros | 10 (2023) |
Organización subsidiaria | ASEANstats |
Premios | Prêmio Ramon Magsaysay |
Sede | South Jakarta |
Enderezo | 70A Jalan Sisingamangaraja, Jakarta 12110 |
Na rede | |
https://asean.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os principais obxectivos da ASEAN son: acelerar o crecemento económico e fomentar a paz e a estabilidade rexional. A ASEAN estableceu un foro conxunto con Xapón, sostén un acordo de cooperación coa Unión Europea (UE), e iniciou conversacións para a cooperación comercial oficial con Unión Económica Euroasiática (UEE).[6] A súa sede principal atópase en Iacarta.
A ASEAN tamén se relaciona regularmente con outros países da rexión Asia-Pacífico e de fóra dela. Como socio principal da Organización de Cooperación de Shanghái, a ASEAN mantén unha rede global de alianzas e socios de diálogo e é considerada por moitos como unha potencia mundial,[7][8] a unión central para a cooperación en Asia-Pacífico, e unha organización prominente e influente. Participa en numerosos asuntos internacionais e alberga misións diplomáticas en todo o mundo.[9][10][11][12]
En novembro de cada ano os países membros celebran unha xuntanza.