Associação Académica de Coimbra (rugby)
From Wikipedia, the free encyclopedia
A sección de rugby da Associação Académica de Coimbra foi creada en 1936 e en 1957 converteuse en socio fundador da Federación Portuguesa de Rugby. O primeiro equipo compite na máxima categoría do Campionato Nacional, no que ten acadado catro títulos de liga nos anos 1977, 1979, 1997 e 2004. Tamén gañou sete títulos da Copa de Portugal, dúas Supercopas e unha Copa Ibérica, completando o mellor palmarés do rugby portugués fora do distrito de Lisboa. O equipo viste de negro e xoga os seus encontros nas instalacións deportivas universitarias situadas na beira do río Mondego, e no Estadio Municipal de Taveiro. O club AEES Agrária é o seu rival local e histórico.
Nome | Associação Académica de Coimbra | ||
---|---|---|---|
Alcume(s) | Pretos, Estudantes | ||
Fundación | 1936 | ||
Sede | Coímbra | ||
Estadio(s) | Municipal de Taveiro | ||
Capacidade | 2500 espectadores | ||
Presidente | Paulo Picão Eusébio | ||
Adestrador | João Luis Pinto | ||
Capitán | Ricardo Gonçalves | ||
Liga(s) | Campionato Portugués | ||
2017-18 | 6º | ||
| |||
Na rede | |||
https://www.academica.pt/seccoes/seccoes-desportivas/rugby/ |
Representou a Portugal nunha ocasión na European Challenge Cup na tempada 2004-05, sendo eliminado polos Border Reivers de Escocia, logo de dúas amplas derrotas 3-98 na casa, e 3-107 fora, cun marcador total de 6-205. O Académica non chegou a participar na European Shield esa tempada. O Coimbra tivo un xogador, Rui Cordeiro, na Selección de rugby de Portugal que participou na Copa do Mundo de Rugby 2007.