Baltimore Ravens
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Baltimore Ravens (en galego Corvos de Baltimore) son un equipo profesional de fútbol americano con base na cidade de Baltimore, no estado de Maryland (Estados Unidos), que xoga na American Football Conference de National Football League (NFL). A franquía foi fundada en 1996, o que a converte na segunda franquía máis nova da competición, superada unicamente polos Houston Texans (fundados no 2002).
Datos rápidos Afiliacións de Liga/Conferencia, Cores ...
Baltimore Ravens | |||
---|---|---|---|
Fundado en 1996 Sede en Baltimore, MD | |||
| |||
Afiliacións de Liga/Conferencia | |||
National Football League (1996–presente)
| |||
Uniforme actual | |||
Cores | Negro, púrpura, dourado | ||
Canción | The Baltimore Fight Song | ||
Mascota | Poe (disfrace) Rise e Conquer (corvos) | ||
Cadro de persoal | |||
Propietario(s) | Steve Bisciotti | ||
Presidente | Dick Cass | ||
Director xeral | Ozzie Newsome | ||
Adestrador | John Harbaugh | ||
Historia | |||
| |||
Campionatos | |||
Títulos de Liga (2)
| |||
Conferencia (2)
| |||
División (4)
| |||
Estadios | |||
|
Pechar
O nome do equipo fai referencia ao poema O corvo de Edgar Allan Poe, quen viviu durante moitos anos da súa vida en Baltimore. Tamén a súa mascota Poe fai referencia ao escritor, e as outras dúas mascotas, Rise e Conquer, fan tamén referencia ao poema de Poe, xa que son dous corvos vivos.