Bandeira de Daguestán
From Wikipedia, the free encyclopedia
A bandeira de Daguestán (en ruso: Флаг Дагестана; en ávaro: Дагъистаналъул байрахъ; en azarí: Dağıstan bayrağı) é un dos símbolos da república federal rusa de Daguestán. Foi adaptada despois da transformación da RASS de Dagestán na república actual dentro da federación rusa. Foi oficialmente adoptada o 26 de febreiro de 1994. Componse de tres franxas horizontais de cor ver (polo islam),[1] azul (polo mar Caspio),[1] e vermello (pola coraxe e fidelidade).[1] O 19 de novembro de 2003 a proporción da bandeira foi cambiada dende a orixinal 1:2 a 2:3, e a franxa da metade de azul claro a azul escuro.
Datos rápidos Características, Uso ...
Bandeira de Daguestán | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 26 de febreiro de 1994 (orixinal) 19 de novembro de 2003 (modificada) |
Cores | Verde Vermello Azul |
Pechar
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |