Bandeira de Kirguizistán
From Wikipedia, the free encyclopedia
A bandeira de Kirguizistán (en kirguiz: Кыргыз Республикасынын Мамлекеттик туусу; Kyrgyz Respublikasynyn Mamlekettik tuusu) foi adoptada o 3 de marzo de 1992. É de fondo de cor vermella no que aparece representado, na súa parte central, o sol coa súa superficie rasgada por seis trazos da mesma cor que o fondo da bandeira.
Datos rápidos Características, Uso ...
Bandeira de Kirguizistán | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 3:5 |
Adopción | 3 de marzo de 1992 (primeira versión) 26 de decembro de 2023 (versión actual) |
Cores | Vermello Amarelo |
Pechar
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
O sol amarelo representa a Timür Leng, un famoso guerreiro de Asia Central que formou un imperio no século XIV. As seis liñas vermellas que rachan o sol representan a seis cofrarías que apoiaron a este guerreiro. O fondo vermello é unha homenaxe a Atila, rei dos hunos, pobo que tivo a súa orixe no que hoxe é Kirguizistán.