Bandeira de Romanía
From Wikipedia, the free encyclopedia
A bandeira de Romanía (en romanés: Drapelul României) é unha bandeira tricolor composta por tres franxas verticais de igual anchura, sendo azul a máis próxima ao pau, amarela a central e vermella a máis afastada do pau. Aínda que o uso destas cores é anterior, comezaron a empregarse como emblema do movemento nacional romanés dende 1834.
Datos rápidos Características, Uso ...
Bandeira de Romanía | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 26 de xuño de 1848 24 de abril de 1867 27 de decembro de 1989 |
Cores | Azul Amarelo Vermello |
Pechar
A bandeira de Romanía é moi semellante á de bandeira de Moldavia, con quen comparte vencellos históricos e culturais. Tamén é idéntica á bandeira do Chad aínda que non teñen ningunha relación e á bandeira de Andorra.