Bogotá
capital da República de Colombia e do departamento de Cundinamarca / From Wikipedia, the free encyclopedia
Bogotá,[1] oficialmente Bogotá Distrito Capital, abreviado Bogotá, D.C.[2][3] (durante a época colonial española e desde 1991 ata 2000 chamada Santafé de Bogotá)[4] é a capital da República de Colombia e do departamento de Cundinamarca. Está organizada como distrito capital gozando de autonomía para a xestión dos seus intereses dentro dos límites da Constitución e a lei.[3][5] A diferenza dos demais distritos de Colombia, Bogotá é unha entidade territorial de primeira orde en Colombia, coas atribucións administrativas que a lei lle confire aos Departamentos.[6] Está constituída por 20 localidades e é o epicentro político, económico, administrativo, industrial, artístico, cultural, deportivo e turístico do país.[7][8][9][10]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamentos | Cundinamarca | ||||
Capital de | Colombia Vicerreinado de Nova Granada Cundinamarca Free and Independent State of Cundinamarca (en) (1810–1815) Gran Colombia (1819–1831) Distrito Capital (pt) (1905–1910) | ||||
Contén a división administrativa | Antonio Nariño (pt) Barrios Unidos Bosa Chapinero Ciudad Bolívar (pt) Engativá Fontibón Kennedy La Candelaria Los Mártires (pt) Puente Aranda (pt) Rafael Uribe Uribe (pt) San Cristóbal Santa Fe Suba Sumapaz (pt) Teusaquillo (pt) Tunjuelito (pt) Usaquén Usme | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 7.743.955 (2020) (4.907,45 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua castelá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.578 km² | ||||
Altitude | 2.582 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Gonzalo Jiménez de Quesada | ||||
Creación | 6 de agosto de 1538 | ||||
Evento clave
| |||||
Santo padrón | Inmaculada Concepción | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | office of the mayor of Bogotá (en) | ||||
• Alcaldesa | Claudia López Hernández (2020–) | ||||
Órgano lexislativo | Concello de Bogotá Circunscrición: 0, (Escano: 45) | ||||
Membro de | Rede de cidades creativas (2012–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 11 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 1 | ||||
ISO 3166-2 | CO-DC | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | bogota.gov.co |
Está situada no centro de Colombia, na rexión natural coñecida como a sabana de Bogotá, que fai parte do altiplano cundiboyacense, formación montañosa situada na cordilleira Oriental dos Andes. É a terceira capital máis alta en América do Sur (logo da Paz e Quito), cun termo medio de 2625 metros sobre o nivel do mar. Posúe o páramo máis grande do mundo, localizado na localidade de Sumapaz.[11]
Segundo os datos do censo nacional de 2005 extrapolados a 2010, Bogotá posúe unha poboación de 7 363 782 habitantes.[12] Ten unha lonxitude de 33 km de sur a norte, e 16 km de leste a oeste.[13] Como capital, alberga os organismos de maior xerarquía da rama executiva (Casa de Nariño), lexislativa (Congreso de Colombia) e xudicial (Corte Suprema de Xustiza, Corte Constitucional, Consello de Estado e o Consello Superior da Xudicatura).
No plano económico, destaca como o máis importante centro económico e industrial de Colombia.[14] Segundo o DANE Bogotá aporta a maior parte o PIB nacional (24,5 %).[15] e é a sétima cidade polo tamaño do PIB en Latinoamérica (duns US$92 917 millóns, por detrás de São Paulo, Cidade de México, Buenos Aires, Río de Xaneiro, Brasilia e Santiago de Chile), das cales, é a quinta máis atractiva para investir (só por detrás de Santiago, San Paulo, México e Lima).[16] A nivel latinoamericano sitúase na vixésimo primeira posición con relación ao PIB per cápita.[16] Segundo The Economist, Bogotá destaca pola súa fortaleza económica asociada ao tamaño da súa produción e o PIB per cápita (o máis alto entre as principais cidades da nación), as facilidades para crear empresas e facer negocios, a madurez financeira, a atracción de empresas globais e a calidade do seu capital humano[17]; todo isto respaldado por estudos de Harvard Business Review que a destacan como o lugar do país co maior número de universidades (114) e centros de investigación.[18] Así mesmo é a sexta cidade de América Latina para organizar eventos,[19] é o principal mercado de Colombia e da Rexión Andina, sendo o primeiro destino do investimento estranxeiro directa que chega a Colombia (70 %),[20] converténdoa na cidade con máis empresas estranxeiras, un dos factores que a sitúan como o maior mercado de traballo do seu país.[20] Bogotá é a plataforma empresarial máis grande de Colombia,[20] co 21 % das empresas rexistradas no país, e adicionalmente, na cidade atópase o 67 % dos emprendementos de alto impacto colombianos,[20] tendo o aeroporto co maior volume de carga a nivel latinoamericano e o segundo en persoas.[21]
A importante oferta cultural atópase representada na gran cantidade de museos, teatros e bibliotecas, que lle outorgaron o recoñecemento da "Atenas Suramericana"[22] e a capital iberoamericana da cultura 2007,[23] ademais, é sede de importantes festivais de ampla traxectoria e recoñecemento nacional e internacional. Tamén se destaca a actividade académica, xa que a maioría das universidades colombianas máis importantes teñen a súa sede na cidade. É de destacar que a Unesco outorgou á cidade o título de Capital mundial do libro o ano 2007 e en marzo de 2012 designouna como “Cidade da Música“, como parte da Rede de Cidades Creativas da organización.
A cidade obtivo o posto 54 no índice Global Cities de 2010, sendo a única cidade global de Colombia[24] e é considerada unha cidade global tipo Beta+ polo GaWC.[25]