Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2012
From Wikipedia, the free encyclopedia
O campionato Mundial de Fórmula 1 de 2012 foi o campionato anual número 63 de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Nel están inscritos para competiren doce equipos.
Tipo | Fórmula 1 |
---|---|
Deporte | automobilismo |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Número de participantes | 25 |
Localización e Datas | |
Intervalo de tempo | 18 de marzo de 2012 – 25 de novembro de 2012 |
Número de edición | 63 (2012) |
Competición | |
Formula One World Drivers' Championship | Sebastian Vettel |
Formula One World Constructors' Championship | Red Bull Racing |
Datos estatísticos | |
Carreires | 20 |
Este ano foi o penúltimo ano en que se utilizarán os motores V8 de 2´4 litros, sendo substituídos en 2014 por un motor de 1´6 litros de 4 cilindros turboalimentado máis ecolóxico e máis eficiente. A tempada 2012 tamén verá o regreso do Gran Premio dos Estados Unidos no calendario, coa carreira que se celebrará no novo circuíto en Austin, Texas.
A tempada de 2012 rompeu varias marcas, conta co maior número de carreiras nun ano de campionato, seis antigos e actuais pilotos campións do mundo (Sebastian Vettel, Jenson Button, Lewis Hamilton, Kimi Räikkönen, Fernando Alonso e Michael Schumacher) comezaron a tempada, rompendo a marca de cinco anos establecido en 1970.[1] A tempada de 2012 foi tamén a primeira vez en que as sete primeiras carreiras do campionato da tempada foron gañadas por sete pilotos diferentes.