Cancro de próstata
cancro do aparello reprodutivo masculino / From Wikipedia, the free encyclopedia
O cancro de próstata ou cáncer de próstata é aquel cancro que se desenvolve nun dos órganos glandulares do sistema reprodutor masculino chamado próstata. O cancro prodúcese cando algunhas células prostáticas mutan e comezan a multiplicarse de maneira deconstrolada. Estas tamén poderían propagarse dende a próstata cara a outras partes do corpo, especialmente os ósos e os ganglios linfáticos orixinando metástases.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Esta afección pode causar dor, micción dificultosa ou disfunción eréctil, entre outros síntomas.
O día 15 de setembro celébrase o Día Europeo da Saúde Prostática .