Cartografía
From Wikipedia, the free encyclopedia
A cartografía é a rama da xeografía que se ocupa da representación da Terra sobre unha superficie, o que se denomina mapa. Ao ser a Terra esférica ha de valerse dun sistema de proxección para pasar da esfera ao plano. No fondo este é o problema da cadratura do círculo.
Pero ademais de representar os contornos das cousas, as superficies e os ángulos ocúpase, tamén de representar outra información que aparece sobre o mapa, segundo se considere que é relevante ou non. Isto, normalmente, depende do que se queira representar no mapa e da escala deste.
O método da cartografía baséase na fotogrametría: as fotos aéreas (en Galicia antes realizadas polos servizos militares e agora transferidos aos centros correspondentes da Xunta de Galicia) son combinadas, axuntadas, interpretadas e convencionalizadas antes de obter un resultado final.
Para unha correcta interpretación da cartografía (feita a escala rexional ou nacional-estatal), debe recorrerse aos fundamentos da xeografía matemática. O tipo de proxección xeodésica utilizada debe considerarse no reprantexamento cartográfico.