Casa Rietveld Schröder
From Wikipedia, the free encyclopedia
A casa Rietveld Schröder (en neerlandés: Rietveld Schröderhuis) (tamén coñecida como Casa Schröder) é unha construción situada en Utrecht, Países Baixos. Trátase dun dos mellores exemplos do estilo De Stijl. No ano 2000 foi incluída pola UNESCO na lista de Patrimonio da Humanidade.
Datos rápidos Rietveld Schröderhuis, Patrimonio da Humanidade - UNESCO ...
Rietveld Schröderhuis | |
---|---|
Vista da Rietveld Schröderhuis en Utrecht. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Países Baixos |
Localización | |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, II |
Inscrición | 2000 (24ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 965 |
Pechar
Foi deseñada polo arquitecto Gerrit Rietveld para a señora Truus Schröder-Schrader e os seus tres fillos, e construída en 1924.[1] O requisito fundamental para o seu deseño era unha casa preferiblemente sen paredes. Foi restaurada por Bertus Mudler e convertida en museo.