Casa da Moeda de Hamburgo
ceca pública alemá / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Casa da Moeda de Hamburgo (en alemán: Hamburgische Münze) é unha das cinco fábricas de moeda estatais activas en Alemaña, situada en Hamburgo. As outras cecas do país teñen as súas sedes nas cidades de Berlín, Stuttgart, Karlsruhe e Múnic.
Casa da Moeda de Hamburgo –Hamburgische Münze– | |
---|---|
Edificio da Casa da Moeda de Hamburgo | |
Tipo | Estatal |
Fundación | 834 |
Matriz | Autoridade financeira (Finanzbehörde) de Hamburgo. |
Localización | Hamburgo Alemaña. |
Persoas clave | Director: Ralph Thiemann. |
Industria | Cuñaxe. |
Produtos | Moedas e medallas. |
Número de empregados | 45 |
Notas | |
Marca de ceca: J. | |
Na rede | |
http://www.muenzehamburg.de/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Na súa condición de empresa estatal, está xestionada polas autoridades financeiras da Cidade Libre e Hanseática de Hamburgo.
O seu cadro de persoal compóñeno 45 persoas, á fronte das cales está Ralph Thiemann, o director da institución.
A Casa da Moeda de Hamburgo produce arredor do 21 por cento das moedas de circulación, á parte doutras conmemorativas e para países estranxeiros, medallas e réplicas de moedas históricas singulares (por exemplo, a peza dun billón de marcos de 1923, da Provincia de Westfalia).