Casa de Hauteville
From Wikipedia, the free encyclopedia
A casa de Hauteville, ou casa de Altavilla, foi unha dinastía normanda que gobernou Sicilia entre os anos 1061 e 1091, e en 1194.
Casa de Hauteville | |
---|---|
País | Normandía |
Títulos |
|
Fundador | Tancredo de Hauteville |
Último gobernante | Tancredo de Lecce |
A súa denominación provén da vila de Hauteville-la-Guichard, no Cotentín (Normandía), lugar patrucial de Tancredo de Hauteville e dos seus fillos Robert Guiscard (tamén coñecido como Roberto Guiscardo e Roberto de Hauteville) e Roxerio chamado Borsa (Bolsa), este último primeiro conde de Sicilia.
Robert e Roxerio formaban parte dun grupo de mercenarios normandos que foran pagados polos bizantinos, que desexaban expulsar aos árabes da Península Itálica. Robert Guiscard conquistou cos seus mercenarios un amplo territorio no sur de Italia, expulsando tamén aos bizantinos, que o contrataran, e que estaban alí establecidos desde o século VI.