Casa de Lancaster
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Casa de Lancaster é unha das ramas da casa de Plantagenet. Participou na Guerra das Dúas Rosas, un conflito intermitente que asolou Inglaterra e Gales durante o século XV. A Casa de Lancaster deu a Inglaterra tres reis:
- Henrique IV de Inglaterra, que gobernou entre os anos 1399 e 1413.
- Henrique V de Inglaterra, que gobernou entre o 1413 e o 1422.
- Henrique VI de Inglaterra e II de Francia, que gobernou dúas veces, a primeira entre os anos 1422 e 1461 e a segunda entre o 1470 e o 1471.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2015.) |