Ceca de Antioquía
ceca imperial romana en Turquía / From Wikipedia, the free encyclopedia
A ceca de Antiochia foi un obradoiro monetario da Antigüidade establecido na cidade de Antioquía, na actual Turquía. Cuñou inicialmente moeda seléucida, a partir de Antíoco I (281-280 a. de C.), e, nunha segunda etapa, produciu moeda romana ao se constituír nunha das cecas imperiais romanas, dentro da provincia de Siria, a partir do emperador Vespasiano en 69.[1]
Ceca de Antioquía –Período imperial romano– Constantino I (306-337) | |
---|---|
CONSTANTI-NVS MAX AVG. Busto diademado e acoirazado do emperador cara á dereita. | VICTORIA CO-NSTANTINI AVG. Vitoria andando cara á esquerda, con trofeo na man dereita e palma na esquerda. No campo crismón e LXXII. No exergo: marca de ceca SMAN•. |
Sólido de ouro. Ca. 335-336 d.de C. 4,24 g. |