Celso Borges
futbolista costarriqueño / From Wikipedia, the free encyclopedia
Celso Borges Mora, nado en San Xosé o 27 de maio de 1988, é un futbolista costarriqueño. Xoga de mediocentro e é o actual capitán do Alajuelense da Primeira División de Costa Rica.
Celso Borges | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Celso Borges Mora | ||
Nacemento | 27 de maio de 1988 (35 anos) | ||
Lugar de nacemento | San Xosé | ||
Altura | 1,84 m. | ||
Posición | Mediocentro | ||
Información de club | |||
Club actual | Alajuelense | ||
Número | 5 | ||
Carreira xuvenil | |||
Saprissa | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2006–2009 | Saprissa | 86 | (7) |
2009–2011 | Fredrikstad | 76 | (29) |
2012–2015 | AIK | 79 | (22) |
2015 | → Deportivo (cedido) | 17 | (3) |
2015–2018 | Deportivo da Coruña | 90 | (12) |
2018–2020 | Göztepe | 38 | (1) |
2020–2021 | Deportivo da Coruña | 20 | (2) |
2021– | Alajuelense | 91 | (4) |
Selección nacional | |||
2005 | Costa Rica sub-17 | 9 | (2) |
2007 | Costa Rica sub-20 | 12 | (4) |
2008– | Costa Rica | 163 | (27) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 21 de abril de 2024. Selección: actualizado a 4 de novembro de 2023.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Fillo do exfutbolista e adestrador brasileiro Alexandre Guimarães, destacou ao igual que el, no Deportivo Saprissa, co que gañou cinco campionatos da Primeira División de Costa Rica entre 2006 e 2009, antes de dar o salto ao fútbol europeo. Xogou tres tempadas no Fredrikstad noruegués e outras tres no AIK sueco, e no 2015 chegou ao Deportivo da Coruña. Xogou 107 partidos co club galego na Primeira División, marcando 15 goles, e tralo descenso do equipo en 2018 foi traspasado ao Göztepe da Superliga turca. En 2020 regresou ao Deportivo da Coruña, co que xogou na Segunda División B antes de regresar a Costa Rica para xogar no Alajuelense, co que gañou unha Copa de Costa Rica e unha Copa Centroamericana.
Histórico integrante da selección de Costa Rica, é o futbolista que máis veces vestiu a súa camiseta, en 163 ocasións. Participou coa selección en tres Copas do Mundo, sete Copas de Ouro da CONCACAF, unha Copa América e tres Copas Centroamericanas, proclamándose campión desta última en dúas ocasións, en 2013 e 2014, e anotando un total de 27 goles.