Charlotte Perkins Gilman
Intelectual norteamericana, escritora, conferenciante, feminista e reformadora social. / From Wikipedia, the free encyclopedia
Charlotte Anna Perkins, nada en Hartford (Connecticut) o 3 de xullo de 1860 e finada en Pasadena (California) o 17 de agosto de 1935, foi unha intelectual norteamericana multidisciplinar, moi activa en defensa dos dereitos civís das mulleres entre finais de 1890 e mediados de 1920. A súa obra máis coñecida é The Yellow Wallpaper publicada en 1892, un relato breve con toques autobiográficos escrito tras unha profunda depresión posparto. A utopía Herland (1915), está considerada a precursora da ciencia ficción feminista moderna. A súa figura serviu de modelo debido ás súas ideas e o seu estilo de vida pouco ortodoxo para a época.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de xullo de 1860 Hartford, Estados Unidos de América |
Morte | 17 de agosto de 1935 (75 anos) Pasadena, Estados Unidos de América |
Causa da morte | suicidio Cancro de mama |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía |
Ocupación | poetisa , artista , economista , activista polos dereitos das mulleres , editora literaria , escritora , filósofa , socióloga , novelista , sufraxista |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Familia | |
Familia | Beecher family (en) |
Cónxuxe | Charles Walter Stetson George Houghton Gilman |
Pais | Frederic Beecher Perkins (pt) e Mary Ann Fitch Westcott (en) |
Premios
| |
Pechar