Cidade Prohibida
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Cidade Prohibida (紫禁城, pinyin: Zǐjìn Chéng : "Cidade Púrpura Prohibida"), está localizada no centro exacto da antiga Pequín, foi o palacio imperial durante as dinastías Ming e Qing, así como sede do goberno chinés até 1911.
Palacios Imperiais das Dinastías Ming e Qing en Pequín e Shenyang | |
---|---|
Galería da Suprema Harmonía, un dos pavillóns da Cidade Prohibida | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | China |
Localización | 39.54.56 N, 116.23.27 E |
Criterios | i, ii, iii, iv |
Inscrición | 1987 |
Identificador | 439 |
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
O seu nome orixinal Cidade Púrpura Prohibida, procede do seu paralelismo coa Constelación Luminosa Púrpura na que a Estrela Polar, ó igual có emperador na terra, atópase no centro. A súa construción débese ó traslado de capitalidade de Nanjing a Pequín que decidiu o emperador Yongle cando obtivo o trono imperial en 1404.
Actualmente se coñece como o Museo Palacio (故宫博物院, pinyin: Gùgōng Bówùyùan), ocupa 0,72 km², 800 edificios e máis de 9.000 habitacións. É a maior colección de estruturas de madeira antigas que se conservan no mundo, e foi declarada pola UNESCO Patrimonio da Humanidade en 1987. O Palacio Imperial está situado ó norte da Praza Tian'anmen e pódese acceder a el a través da Porta de Tian'anmen. Está rodeado dun barrio denominado Cidade Imperial.
A pesar de que xa non está ocupada pola realeza, é un símbolo da soberanía chinesa e de Pequín, e aparece nos selos da República Popular Chinesa. O Palacio é unha das meirandes atraccións turísticas do mundo.
O filme O derradeiro emperador foi o primeiro en recibir autorización do goberno chinés para filmar na Cidade Prohibida e retrata, entre outras cousas, a cerimonia de nomeamento do Emperador e a vida na Cidade Prohibida.