Circuíto de Monza
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Autodromo Nazionale Monza é un autódromo situado nas proximidades de Monza, en Italia, ao norte de Milán.
Circuíto de Monza | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
Datos | |
Inauguración | 3 de setembro de 1922 |
Outros nomes | |
Carreiras | FIA Fórmula 1 Gran Premio de Italia Gran Premio de Italia de motociclismo, 1000 km Monza, WTCC, SBK, Race of Two Worlds |
Localización | Monza, Italia |
Coordenadas | |
Capacidade | 113.860 espectadores |
Trazado moderno | |
Superficie | Asfalto |
Lonxitude km | 5.793[1][2] |
Curvas | 11 |
Récord tempo | 1:21.046 |
Récord piloto | Rubens Barrichello |
Récord equipo | Ferrari |
Récord ano | 2004 |
Oval | |
Superficie | Asfalto, formigón |
Lonxitude km | 4.250[2] |
Curvas | 2 |
Peralte | 30º |
Récord tempo | 0:54.0 |
Récord piloto | Bob Veith |
Récord equipo | Bowes Seal Fast Special |
Circuíto Júnior | |
Superficie | Asfalto |
Lonxitude km | 2.405 |
Circuíto combinado | |
Superficie | Asfalto, formigón |
Lonxitude km | 10 |
Curvas | 9 |
Récord tempo | 2:41.4 |
Récord piloto | Phil Hill |
Récord equipo | Ferrari |
Récord ano | 1960 |
Vista do Circuíto | |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
O circuíto é recoñecido por albergar o Gran Premio de Italia de Fórmula 1, e caracterízase pola alta porcentaxe do trazado que os pilotos percorren co acelerador a fondo, debido ás longas rectas. A marca actual da pista, en carreira, foi marcado en 2004 por Rubens Barrichello, cun tempo de 1:21.046. Cabe destacar, que neste circuíto bateuse a velocidade máxima dun monopraza nun gran premio con 372,6 km/h, durante os adestramentos libres do Gran Premio de Italia de 2005, polo piloto Juan Pablo Montoya.
Construído no parque da Vila Reale di Monza nunha contorna boscosa.[3] O autódromo consta de tres pistas: o trazado de 5,793 km usado para os Grandes Premios,[1] a pista Júnior que se estende ao longo de 2,405 km.[2] e un circuíto oval peraltado de velocidade de 4,25 km. con pendentes empinadas infrecuentes durante moitas décadas e que agora está en descomposición. As características da pista principal de Gran Premio inclúen a Curva Grande, a Curva di Lesmo, a Variante Ascari e a Curva Parabolica. A curva de alta velocidade, Curva Grande, atópase logo da Variante del Rettifilo que se atopa ao final da recta principal ou Tribuna Rettifilo, e adoita ser tomada a tope polos coches de Fórmula Un.