Circuíto urbano de Sochi
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Circuíto urbano internacional de Sochi [3] (ruso:Трасса в Олимпийском парке), coñecido anteriormente como o Circuíto do Parque Olímpico de Sochi, é un circuíto de carreiras urbano na cidade turística de Sochi no Mar Negro no Krai de Krasnodar, Rusia.[4][5] O circuíto é similar ao circuíto Gilles Villeneuve e Circuíto urbano de Homebush no que se correrá en torno ao lugar usado para a competición olímpica, neste caso, o Parque Olímpico de Sochi, escenario dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014. A carreira inaugural tivo lugar na tempada 2014, o primeiro ano dun contrato de sete anos. En outubro de 2011, o goberno ruso asinou 195´4 millóns de dólares para a construción do circuíto.[6]
Circuíto urbano de Sochi | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
Datos | |
Inauguración | 21 de setembro de 2014[1] |
Outros nomes | |
Carreiras | FIA Fórmula 1 Gran Premio de Rusia (desde 2014) GP2 Series (desde 2014) GP3 Series (desde 2014) TCR International Series (desde 2015) Russian Touring Car Championship (desde 2014) |
Capacidade | 55.000[2] |
Localización | Sochi, Rusia |
Lonxitude | 5,848 km |
Curvas | 19 |
Volta rápida (2019) | 1:35.761 |
Piloto récord | Lewis Hamilton |
Escudería récord | Mercedes |
Coordenadas | |
Vista do Circuíto | |
A construción do circuíto no parque olímpico de Sochi marca o final dunha campaña de trinta anos por un Gran Premio de Rusia, con plan orixinario para un "Gran Premio da Unión Soviética" xa na tempada de 1983 antes de ser abandonado por "razóns burocráticas"[7] e varios intentos frustrados[8][9][10] e varios intentos infrutuosos nos anos intermedios.