Club Joventut Badalona
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Club Joventut Badalona S.A.D. é un club de baloncesto profesional da cidade de Badalona, Cataluña. Fundado en 1930, é coñecido popularmente como La Penya. Actualmente compite na Liga ACB, sendo, xunto co Real Madrid, o único club que participou sempre na máxima categoría do baloncesto español. Entre os trofeos conquistados, destacan unha Euroliga, dúas Copa Korać, oito Copas do Rei e catro Ligas, dúas delas logradas desde a fundación da actual ACB.
Joventut Badalona | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | ACB |
Fundación | 30 de marzo de 1930 |
Historia | Penya Spirit (1930−1932) Centre Esportiu (1932−1939) Juventud Badalona (1939−1978) |
Cores | Verde, negro |
Presidente | Juanan Morales |
Adestrador | Carles Durán |
Localización | |
Cidade | Badalona, España |
Pavillón | Palau Olímpic |
Capacidade | 12 760 |
Inauguración | 17 de setembro de 1991 |
Campionatos | |
Euroliga | 1 (1994) |
Eurocup | 1 (2008) |
Copa Korać | 2 (1981, 1990) |
EuroChallenge | 1 (2006) |
Liga | 4 (1967, 1978, 1991, 1992) |
Copa | 8 (1948, 1953, 1955, 1958, 1969, 1976, 1997, 2008) |
Príncipe | 3 (1987, 1989, 1991) |
penya.com |
Os seus xogadores visten un uniforme que consiste nunha camiseta verdinegra e un pantalón negro, dáse a circunstancia que as cores que viste o equipo débense a que era a única indumentaria que quedaba na tenda de deportes cando se fundou o club a comezos do século XX. A pista de xogo e, ademais, sede oficial do club é o Pavelló Olímpic de Badalona, recinto inaugurado con motivo dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992, e que ten unha capacidade para 12 500 espectadores.