Club Patín Cerceda
equipo galego de hóckey a patíns / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Club Patín Cerceda,[lower-alpha 1] ou simplemente Patín Cerceda, foi un equipo galego de hóckey a patíns da localidade de Cerceda (A Coruña). O equipo foi creado en 2009 logo do ascenso á OK Liga do segundo equipo do H.C. Liceo. Logo de sete anos de existencia, o equipo disolveuse por motivos económicos militando na OK Liga, a máxima categoría do hóckey a patíns español.
C.P. Cerceda | |||
---|---|---|---|
Cidade | Cerceda A Coruña Galicia | ||
Historia | 2009-2016 | ||
Fundado | 2009 | ||
Pavillón | Pavillón Deportivo de Cerceda (600 persoas) | ||
Presidente | Mª Isabel Bermúdez | ||
Adestrador | Juan Copa | ||
Competición | OK Liga | ||
Títulos | |||
Primeira División | 2013 | ||
Cores | Vermello e branco | ||
Sitio web Sitio web oficial |
Nas sete tempadas que o equipo estivo en competición conseguiu dúas participacións na segunda competición de clubs a nivel europeo, a Copa CERS, na que debutou na tempada 2014-15, se ben en ningunha delas conseguiu superar a primeira eliminatoria. Tamén disputou dúas veces a Copa do Rei, ambas de xeito consecutivo en 2014 e 2015 sen superar os cuartos de final. Xogou catro tempadas na máxima categoría do hóckey a patíns español, a OK Liga, tres delas de xeito consecutivo. Logo de descender á segunda categoría no ano do seu debut como equipo independente, o Cerceda recuperou a categoría logo de proclamarse campión da Primeira División[lower-alpha 2] na tempada 2012-13, tempada na que ademais conseguiu o subcampionato da Copa do Príncipe.[lower-alpha 3]
Durante a curta historia do equipo a súa única presidenta for María Isabel Bermúdez, mentres que o único técnico que ocupou o banco cercedense foi o coruñés Juan Copa. O Patín Cerceda disputaba os seus partidos como local no Pavillón Deportivo de Cerceda, un pavillón con capacidade para 600 persoas.