Cogomelo de pé aveludado
especie de fungo / From Wikipedia, the free encyclopedia
O cogomelo de pé aveludado[1] (Flammulina velutipes), tamén coñecido cos nomes orientais de enoki (エノキ en xaponés) ou cogomelo de agulla de ouro (金針菇 en chinés[2] é un fungo que forma parte dunha familia de cogomelos brancos alongados e finos populares en varias gastronomías asiáticas (tales como a chinesa, xaponesa e coreana). Estes cogomelos pertencen ao xénero Flammulina. Variantes bravas distínguense na cor, textura e grosor e se lles denomina tamén "cogomelo do inverno" ou "talo aveludado".
Cogomelo de pé aveludado | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cogomelo de pé aveludado (Flammulina velutipes) cultivado | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||
'Flammulina velutipes' (Curtis) Singer | |||||||||||||
Especie | |||||||||||||
Flammulina callistosporioides |
O cogomelo pódese adquirir natural ou enlatado. Adóitase empregar na preparación de sopas, aínda que tamén se poden atopar en ensaladas e outros pratos. Teñen unha textura crocante e se poden conservar no frío até unha semana. Os expertos recomendan enokis frescos de chapeu firme branco e brillante, e cómpre evitarmos aqueles cun pé mucoso ou marrón.[3]