Colón, Panamá
From Wikipedia, the free encyclopedia
Colón é a capital da provincia panameña de Colón, situada na costa caribeña de Panamá. A poboación estimada para 2016 é dunhas 206 553 persoas na súa conurbación, sendo a terceira concentración urbana máis poboada do país despois da cidade de Panamá e San Miguelito.[1][2] Está comunicada coa capital por medio da Estrada Transísmica (autoestrada Panamá-Colón), que a une coa costa do océano Pacífico en 78,9 km. É a segunda cidade máis poboada do Caribe de Centroamérica. O seu centro urbano ten uns 79 000 habitantes. Posúe un dos portos máis grandes de América Latina.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Panamá | |||
Provincias | Provincia de Colón | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 241.817 (2016) | |||
Xeografía | ||||
Bañado por | Océano Atlántico e Mar Caribe | |||
Altitude | 9 m | |||
Creación | 1850 | |||
Organización política | ||||
• Xefe do goberno | Federico Policani (en) | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | municipiocolon.gob.pa |
Colón está situada preto da entrada caribeña da Canle de Panamá. É de importancia comercial para o país debido á Zona Libre de Colón (a segunda máis grande do mundo) e pola actividade nos diferentes portos. É a principal entrada ao país polo Caribe.