Comunidade de Estados Independentes
organización supranacional composta por ex-repúblicas soviéticas / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Comunidade de Estados Independentes (CEI) é unha organización supranacional composta por 9 das 15 ex-repúblicas soviéticas, coa excepción dos 3 estados bálticos (Estonia, Letonia e Lituania, que na actualidade son membros da Unión Europea); Turkmenistán (que abandonou a organización o 26 de agosto do 2005 para converterse en membro asociado); Xeorxia, que se retirou o 18 de agosto de 2009 e Ucraína que de iure non é membro da CEI, ao non ratificar o estatuto da organización, malia que é un estado fundador e membro da Comunidade. Mongolia participa nalgunhas estruturas da CEI como observador..
Müstəqil Dövlətlər Birliyi (az) Անկախ Պետությունների Համագործակցություն (hy) Садружнасць Незалежных Дзяржаў (be) Тәуелсіз Мемлекеттер Достастығы (kk) Көзкарандысыз мамлекеттердин шериктештиги (ky) Содружество Независимых Государств (ru) Иттиҳоди Давлатҳои Мустақил (tg) Garaşsyz Döwletleriň Arkalaşygy (tk) Mustaqil Davlatlar Hamdo'stligi (uz) | |||||
Nomeado en referencia a | commonwealth (en) , Independencia e estado soberano | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Minsk | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | lingua rusa | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Fundador | República Socialista Soviética Federativa de Rusia, República Socialista Soviética de Ucraína e República Socialista Soviética de Belarús | ||||
Creación | 8 de decembro de 1991 | ||||
Páxina web | e-cis.info | ||||
A súa creación asinou a disolución da Unión Soviética e, segundo Vladimir Putin, o seu propósito foi o permitir un "divorcio civilizado" entre as repúblicas que conformaban a Unión. Dende a creación da CEI asináronse numerosos documentos sobre cooperación económica, defensa e relacións internacionais entre os seus estados membros.
A CEI é unha asociación pouco firme de estados, e non pode compararse de ningunha maneira a unha federación, confederación ou unión supranacional como pode ser a Unión Europea. É máis comparable á Commonwealth de Nacións. Aínda que a CEI ten poucos poderes supranacionais, pretende ser máis ben unha organización simbólica, nominalmente posúe competencias nos campos do comercio, finanzas, lexislación e seguridade. Tamén promove a cooperación na democratización e a prevención do crime trasfronteirizo.
Máis aínda, oito dos nove estados membros da CEI formaron unha Área de Libre Comercio, e cinco deles a Unión Euroasiática, unha unión económica e de aduanas de 180 millóns de persoas. No aspecto defensivo, seis estados da CEI participan nunha alianza de defensa mutua: a Organización do Tratado de Seguridade Colectiva.