Con saias e a rachar
filme de 1959 dirixido por Billy Wilder / From Wikipedia, the free encyclopedia
Con saias e a rachar (en inglés: Some Like It Hot) é unha comedia de 1959 de Billy Wilder protagonizada por Marilyn Monroe, Tony Curtis, Jack Lemmon, George Raft, Pat O'Brien, Joe E. Brown e Nehemiah Persoff. A película foi adaptada por Billy Wilder e I.A.L. Diamond partindo dunha historia de Robert Thoeren e Michael Logan. Logan escribira a historia (sen gánsteres) para unha película alemá, Fanfaren der Liebe (dirixida por Kurt Hoffmann en 1951), así que a película de Wilder é considerada por algúns como un remake. Foi lanzada o 29 de marzo de 1959, distribuída por United Artists (comprada en 1981 por MGM) e custou pouco máis de 2'8 millóns de dólares.
Datos rápidos Con saias e a rachar, Ficha técnica ...
Con saias e a rachar | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Some Like It Hot |
Director | Billy Wilder |
Produtor | Billy Wilder |
Guión | Billy Wilder, I.A.L. Diamond (adaptación), Robert Thoeren, Michael Logan (libreto orixinal) |
Intérpretes | Marilyn Monroe Tony Curtis Jack Lemmon George Raft Pat O'Brien Joe E. Brown Nehemiah Persoff |
Música | Adolph Deutsch |
Fotografía | Charles Lang |
Distribuidora | United Artists |
Estrea | 1959 |
Duración | 120 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia |
Na rede | |
Pechar