Condestábel
From Wikipedia, the free encyclopedia
Condestábel[1] ou condestable[2], etimoloxicamente, provén de condestabre, que á súa vez deriva dun cargo palatino do imperio romano, comes stabuli, que correspondía ao que despois se chamou estribeiro-mor, o superintendente nas cabalarizas, mas que se tornara un importante cargo militar. Pertencíalle o comando da vangarda do exército se non estivese algún señor de maior categoría, porque a hoste era constituída por soldados dos grandes señores, e o condestábel era sobre todo un técnico, que podía non ser de grande importancia social.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2014.) |