Convención das Nacións Unidas sobre Contratos para a Venda Internacional de Mercadorías
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Convención das Nacións Unidas sobre Contratos para a Venda Internacional de Mercadorías (CISG, polas súas siglas en inglés), tamén coñecida como Convención de Viena, é un tratado multilateral que establece un marco uniforme para o comercio internacional.[1][Note 1] En 2020 fora ratificado por 94 países, que representan dous terzos do comercio mundial.[2][3]
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. (Desde agosto de 2021.) |
CISG | |
---|---|
CISGworldmap-updatedforbrazil.png | |
Tipo de texto | tratado multilateral de venda internacional uniforme |
Ratificación | 11 de abril de 1980 |
Lingua | Árabe, chinés, español, francés, inglés e ruso |
Localización | Viena, Austria |
Signatarios | 18 |
A CISG facilita o comercio internacional eliminando barreiras legais entre os estados participantes (coñecidos como "Estados Contratantes") e proporcionando regras uniformes que rexen a maioría dos aspectos dunha transacción comercial, como a formación do contrato, as formas de formalización, as obrigas das partes e os recursos xurídicos ante o incumprimento do contrato.[Cómpre referencia] A menos que apareza expresamente excluído no contrato, a convención pasa a formar parte das leis internas dos Estados Contratantes de forma automática e é de aplicación directa ás transacción de bens entre os seus cidadáns.
A CISG ten a súa orixe en dous tratados de comercio internacional anteriores desenvoltos en 1930 polo Instituto Internacional para a Unificación do Dereito Privado (UNIDROIT, do francés Institut international pour l'unification du droit privé).[4] Cando ningunha convención antes acadara apoio global xeneralizado a Comisión das Nacións Unidas para o Dereito Mercantil Internacional (UNCITRAL, polas súas siglas en inglés) trazou en 1968, usando textos previos, o desenvolvemento da CISG.[4] Un borrador foi entregado á Conferencia sobre Venda Internacional de Bens con sede en Viena, Austria en 1980.[5] Nas seguintes semanas de negociación e modificación, a CISG foi aprobada e proposta para ratificación por unanimidade e entrou en vigor o de 1 de xaneiro de 1988 ratificada por 11 países.[6]
A CISG é considerada un dos maiores logros da UNCITRAL e "o documento internacional con maior éxito" en unificar o dereito mercantil internacional,[7][8] xa que os participantes representan "a cada rexión xeográfica, a cada estado de desenvolvemento económico e a cada sistema legal, social e económico maioritario".[9] Das convencións de lexislación uniforme, a CISG foi descrita como a que tivo "a maior influencia no dereito do comercio transfronteirizo mundial", incluso entre os non membros.[10] Tamén é a base da Willem C. Vis International Commercial Arbitration Moot, unha das maiores e máis importantes competicións internacionais de xuízos simulados do mundo.