Copa Galicia de fútbol
competición deportiva / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Copa Galicia de fútbol foi unha competición deportiva oficial organizada pola Federación Galega de Fútbol que enfrontaba os clubs de fútbol galegos. Foi xogada por primeira vez en 1936 e disputouse irregularmente ao longo do século XX con diferentes composicións, aínda que na maioría das edicións non participaron os equipos galegos que militaban nas divisións estatais máis altas (1ª e 2ª). En certas tempadas tamén se organizou a Copa Federación Galega de Fútbol.
Non confundir con Copa Galiza de fútbol, torneo inicialmente chamado Copa Xunta de Galicia..