Copa Galicia de fútbol 1935/36
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Copa Galicia 1935/36 foi unha competición de fútbol organizada pola Federación Galega de Fútbol na que participaron o Unión Sporting Club, o Celta de Vigo, Deportivo da Coruña, o Club Lemos, o Club Coruña, o Racing Club de Ferrol, o Lugo Sporting Club e o Eiriña Club de Fútbol. O Vilagarcía Foot-ball Club retirouse antes de comeza-la competición.[1] O torneo foi disputado entre abril e xuño de 1936. Os equipos foron divididos en dous grupos, norte e sur, disputándose cada grupo en forma de liga a dúas voltas.[2] O vencedor de cada grupo clasificouse para xoga-la final. Proclamouse campión o Eiriña.[3]