Campionato de Segunda Categoría-Reservas Copa Galicia 1939/40
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Campionato de Segunda Categoría-Reservas “Copa Galicia” foi unha competición de fútbol organizada pola Federación Galega de Fútbol na que se combinaron o Campionato de Galicia da Serie B 1939/40 e a Copa Galicia 1939/40. Esta foi a derradeira edición da Serie B antes da desaparición dos campionatos rexionais e, ao mesmo tempo, a segunda edición da Copa Galicia. O torneo foi disputado entre febreiro e xuño de 1940. O campión de ambas as dúas categorías foi o Compostela Sporting Club.[1][2][3]