Copa Galicia de fútbol 1945/46
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Copa Galicia 1945/46 foi unha competición de fútbol organizada pola Federación Galega de Fútbol na que participaron o Real Club Deportivo da Coruña, o Club Deportivo Xuvenil, o Racing Club de Ferrol, o Club Santiago, o Club Betanzos, o Galicia Club de Fútbol, o Real Club Celta de Vigo, o Pontevedra Club de Fútbol, a Unión Deportiva Ourensana, o Club Lemos e o Club Berbés. O torneo foi xogado entre maio e decembro de 1946. Os equipos foron divididos en dous grupos, norte e sur, disputándose cada grupo en forma de liga a dúas voltas.[1] O vencedor de cada grupo clasificouse para xoga-la final. Proclamouse campión o Deportivo da Coruña.[2][3][4]