Copa Intercontinental de Fútbol
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Copa Intercontinental ou Copa Europea-Suramericana é un extinto torneo de clubs de fútbol masculino que enfrentaba ano a ano aó campión de Europa (Liga de Campións) co campión da Suramérica (Copa Libertadores). O gañador de cada enfrontamento coroabase como Campión do Mundo (sendo os continentes moi máis desenvolvidos no mundo do fútbol naqueles anos) por ser a instancia máis alta á que podía chegar un club de fútbol oficialmente. Desde 1960 ata 1979 enfrontábanse nos países dos respectivos campións continentais e entre 1980 e 2004 disputouse nos meses de novembro ou decembro nas cidades xaponesas de Toquio (de 1980 a 2001) e Yokohama (de 2002 a 2004). Tamén é coñecida como Copa Toyota, en alusión ó patrocinador do trofeo. En 2005 foi substituída pola Copa Mundial de Clubs, que se celebra anualmente no Xapón, engadíndolle un campión por continente (que antes non participaban) e desde a edición 2007 ó campión do país organizador, completándose cun total de sete clubs aspirantes a se proclamar campións a nivel mundial. Todos os equipo en 2017 foron nomeados oficialmente campións do mundo FIFA.[1][2]
Tipo | club world championship (en) |
---|---|
Deporte | fútbol |
Organizador | Confederación Sudamericana de Fútbol UEFA |
Patrocinador | Toyota (1980–2004) |
Número de participantes | 2 |
Localización e Datas | |
Vixencia | 1960 – 2004 |
Intervalo de tempo | 1960 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |