Coppa Acerbo
carreira automobilística / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Coppa Acerbo foi unha carreira automobilística celebrada en Italia, chamada así en honra a Tito Acerbo, o irmán de Giacomo Acerbo, un político fascista prominente. Tras a derrota de Italia na segunda guerra mundial, e a caída consecuente do fascismo, a carreira pasou a chamarse Circuíto di Pescara, e durante algúns anos tamén se coñeceu como o Gran Premio de Pescara (Gran Premio di Pescara). A carreira correuse entre 1924 e 1961 e nos últimos anos tivo unha gran variedade de regulacións, de duración e de clase de vehículos. En 1957 o Gran Premio de Pescara formou parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un, unha carreira que aínda mantén a marca de ser a do circuíto de maior lonxitude utilizado algunha vez para un evento de campionato.
Máis información Plano do Circuíto, Datos ...
Coppa Acerbo | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
Datos | |
Anos disputados | 27 (1 oficial) |
Primeira disputa | 1924 (1957 oficial) |
Última disputa | 1961 |
Localización | Pescara, Italia |
Patrocinador principal | |
Lonxitude | 460´422 km en 18 voltas |
Marca de volta | |
Piloto récord | Giuseppe Campari (3) |
Escudería récord | Alfa Romeo (10) |
Poles récord | Juan Manuel Fangio (2) |
Vista do Circuíto | |
Pechar