Corrupción política
From Wikipedia, the free encyclopedia
A corrupción política consiste nun acordo inmoral entre un corruptor e un corrupto, ou entre corruptos aliados en prexuízo doutros, que beneficia a algúns nos seus propósitos particulares, por encima da lei no plano político. A corrupción consiste no uso e o poder público para o logro de beneficios particulares ou sectoriais, que non se identifican nin comungan co ben común.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2014.) |
Sayed e Bruce (1999) definen a corrupción como: “o mal uso ou o abuso do poder público para beneficio persoal e privado”, entendendo que este fenómeno non se limita aos funcionarios públicos.
Conxunto de actitudes e actividades mediante as cales unha persoa transgride compromisos adquiridos con outras persoas, utilizando os privilexios outorgados, eses acordos tomados, co obxectivo de obter un beneficio alleo ao ben común.
Polo xeral apúntase aos gobernantes ou os funcionarios elixidos ou nomeados, que se dedican a aproveitar os recursos do Estado para enriquecerse. A corrupción tivo raíces antigas e evolucionou para manterse vixente ao longo de moitos anos, gobernos e países.
Foi tal o aumento que hai iniciativas a nivel de organismos multilaterais como a Organización das Nacións Unidas (ONU) e a Organización de Estados Americanos (OEA) que promoven actividades para lograr comprometer aos gobernos a unha loita contra a corrupción.