Crítica literaria
exercicio de análise e valoración razoada dunha obra literaria nun medio de comunicación actual / From Wikipedia, the free encyclopedia
A crítica literaria é unha das tres disciplinas da ciencia da literatura (xunto coa teoría da literatura e a historia da literatura), que desempeña unha aplicación directa sobre os textos. De forma xeral, consiste nun exercicio de análise e valoración razoada dunha obra literaria nun medio de comunicación actual; por iso, cabe distinguila da historia da literatura, que realiza unha crítica e valoración moi a posteriori e frecuentemente de forma máis documentada, científica e ecléctica.