Cuartos de dólar America the Beautiful
moedas circulantes conmemorativas estadounidenses / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os cuartos de dólar America the Beautiful (coñecidos tamén como cuartos de dólar dos parques nacionais) son unha serie de 56 moedas con valor facial dun cuarto de dólar emitidas pola Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 2010 e 2021.[1]
Cuarto de dólar America the Beautiful |
---|
Retrato de perfil George Washington cara á esquerda. Marcas de gravador (JF e WC) e marca de ceca. Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / LIBERTY / IN GOD WE TRUST / QUARTER DOLLAR. |
|
O deseño común do anverso desta serie correspóndese co coñecido como cuarto de dólar Washington, creado por John Flanagan en 1923 e adaptado nesta ocasión polo gravador da US Mint William Cousins, en tanto que anualmente se cuñaron cinco reversos diferentes, cada un dos cales conmemora un sitio natural ou histórico dos Estados Unidos coa consideración de parque nacional, lugar histórico nacional ou bosque nacional. A orde en que foron emitidos correspóndese coa da data en que cada lugar acadou a declaración de sitio nacional.[1][2]
O programa dos cuartos de dólar America the Beautiful foi autorizado pola Lei Pública 110-456, do 23 de decembro de 2008, asinada polo presidente George W. Bush.[3]