Curlie
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Open Directory Project (ODP), tamén coñecido como DMoz (por directory.mozilla.org o seu nome de dominio orixinal) é un proxecto colaborativo multilingüe, no que editores voluntarios listan e categorizan ligazóns a páxinas web.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2014.) |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Calquera persoa pode suxerir unha ligazón nunha categoría determinada, que logo ha de ser aprobada por un editor. Calquera persoa pode optar a ser editor enchendo un formulario no que defende a súa aptitude para organizar unha categoría.
O proxecto está dividido en varias ramas segundo o idioma, e as categorías de páxinas organízanse xerarquicamente dentro de cada unha das ramas.
Os datos do proxecto están dispoñibles para calquera páxina web que queira usalos, mentres se coloque a atribución adecuada e siga a súa licenza de uso. Por exemplo, o directorio de Google está baseado no ODP ao cal engade a ordenación segundo o PageRank de cada páxina categorizada.[Cómpre referencia]