Declaración de Arbroath
declaración de independencia do Reino de Escocia / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Declaración de Arbroath foi unha declaración de independencia do Reino de Escocia, asinada o 6 de abril de 1320 en Arbroath por 51 señores feudais. A declaración consistiu nunha carta enviada ao papa Xoán XXII, onde lle solicitaban ao pontífice que recoñecese a soberanía de Roberto I de Escocia sobre o territorio escocés. A Declaración, que aínda se conserva hoxe, é unha das tres misivas que debeu recibir o papa, canda unha do clero e outra do propio monarca escocés.