Delfos
santuario panhelénico e oráculo de Apolo / From Wikipedia, the free encyclopedia
Aos pés do monte Parnaso en Focea, Delfos é o lugar dun santuario panhelénico onde falaba o oráculo de Apolo a través da súa profetisa, a Pitia ; tamén albergaba o ónfalos ou «embigo do mundo». Investido cun significado sagrado, Delfos foi do século -VI ao -IV o verdadeiro centro e o símbolo da unidade do mundo grego.
Datos rápidos Sitio arqueolóxico de Delfos, Patrimonio da Humanidade - UNESCO ...
Sitio arqueolóxico de Delfos | |
---|---|
Santuario de Delfos: teatro e templo de Apolo. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Grecia |
Localización | 38°28′58.8″N 22°30′3.6″L |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, II, III, IV, VI |
Inscrición | 1987 (12º sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 393 |
Pechar
Os santuarios panhelénicos eran complexos arquitectónicos externos ás cidades: constituían os únicos lugares onde todos os antigos gregos, e algúns bárbaros (lidios e etruscos) tomaban parte en celebracións relixiosas comúns.