Deputación de Barcelona
Institución supramunicipal que agrupa 311 municipios da demarcacióm de Barcelona. / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Deputación de Barcelona (en catalán: Diputació de Barcelona) é unha institución pública de Cataluña que presta servizos directos aos cidadáns e presta apoio técnico, económico e tecnolóxico aos concellos dos 311 municipios da provincia de Barcelona. Ademais, coordina algúns servizos municipais e organiza servizos de carácter supramunicipal. Ten a súa sede central na cidade de Barcelona.
O ámbito territorial da Deputación de Barcelona alcanza o 24 % do total da superficie de Cataluña, prestando servizo a preto do 75 % do total da poboación catalá.