Dinastía Axilolfinga
From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos axilolfingos foi unha familia nobre bávara, que historicamente gobernou o Ducado de Baviera entre os anos 550 e 788, autonomamente ou como vasalos do rei franco. O primeiro duque que se encontra mencionado nos documentos históricos é Garibaldo I de Baviera.
O termo "axilolfingo" úsase ás veces pola historiografía tamén para indicar a dinastía que reinou sobre os longobardos e sobre Italia durante o século VII, entre os anos 616 e 712, aínda que non de maneira ininterrompida.
O nome da dinastía débese a un devanceiro, un mítico Axilolgo ou Axilulfo. No século VI Baviera quedou baixo o dominio do Reino Franco. Os seus soberanos foron investidos polos reis francos segundo a Lex Baiuvariorum, pero Carlomagno desposuínos a finais do século VIII. Durante este período os axilolfingos oscilaron entre a lealdade aos reis francos e a alianza cos longobardos. Baixo o seu reinado, o territorio cristianizouse e fundáronse catro dioceses: Ratisbona (que tamén era a sede do poder), Freising, Passau e Salzburgo.