Dinámica
rama da física que estuda as forzas e o seu efecto no movemento / From Wikipedia, the free encyclopedia
En física, a dinámica é unha parte da mecánica que trata das relacións entre as forzas e os movementos que estas producen.
As primeiras nocións da dinámica baséanse en principios que, contrariamente ós da xeometría, non son nin evidentes nin susceptibles de ser sometidos ó control do rozamento ou da experiencia directa. Os principais principios son: principio de inercia (=Primeiro Principio da Dinámica), principio da composición dos efectos das forzas, do que se deriva o Segundo Principio da Dinámica ou Principio de Newton, e o principio de acción e reacción (=Terceiro Principio da Dinámica).