O disco celeste de Nebra é, ata o presente, a representación máis antiga que se coñece da bóveda celeste e dos fenómenos astronómicos. Trátase dun achado arqueolóxico descuberto no ano 1999 no monte Mittelberg, preto de Nebra (estado de Saxonia-Anhalt, Alemaña). É unha placa de bronce, case redonda, que pesa preto de 2kg e ten aproximadamente un diámetro de 32cm. Pertence a unha cultura de hai 3.600 anos cuxos coñecementos en astronomía proviñan de Alemaña. Os expertos din que representa o firmamento, con representacións de elementos abstractos.
Atópase hoxe no museo de Prehistoria do estado de Saxonia-Anhalt na cidade de Halle (Saale).