División Sueste da NBA
From Wikipedia, the free encyclopedia
A División Sueste é unha división da Conferencia Leste da National Basketball Association (NBA). Está formada por cinco equipos os Atlanta Hawks, os Charlotte Hornets (antes Charlotte Bobcats), os Miami Heat, os Orlando Magic e os Washington Wizards.
A división foi creada ó comezo da tempada 2004-05, cando a liga aumentou o número de equipo de 29 a 30 coa chegada dos Charlotte Bobcats, e quedou con tres divisións en cada conferencia. A División Sueste comezou cos Hawks, os Bobcats, os Heat, os Magic e os Wizards.[1] Os Hawks chegaron da División Central, mentres que os Heat, os Magic e os Wizards uníronse dende a División Atlántico.